Noticias

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros catro obradoiros en liña

Ata o 4 de marzo o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre COVID-19 e ciberseguridade, Instagram, email márketing e impresión 3D


28 febreiro 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o perigo de sufrir un ciberataque, novas ferramentas de Instagram para o turismo, como deseñar unha estratexia de email márketing e axustes de impresoras 3D.

En concreto, este luns 1 impartirase o obradoiro COVID-19 e Ciberseguridade en 2021, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica. O martes 2 será a quenda de Novas Ferramentas de Instagram para Turismo, que será impartido por Mariana Rosa, graduada en Turismo.

Pola súa banda, o mércores 3, a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde, impartirá Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Márketing e, o xoves 4, contaremos de novo coa participación de Manuel Freire, que dará continuidade aos anteriores obradoiros sobre impresoras 3D en Impresión 3D VIII-Axustes de Impresora.