Noticias

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros catro obradoiros en liña

Ata o 22 de xaneiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Reels, Instagram, impresión 3D e comercio electrónico


17 xaneiro 2021
Smartpeme

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito en liña enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego de Instagram e da súa nova función Reels para a promoción empresarial, a impresión 3D e plataformas para a creación dunha tenda en liña.

En concreto, este martes 19 impartirase o obradoiro Reels: a Nova Función de Instagram, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

O mércores 20 será a quenda de Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa, que será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais.

Pola súa banda, o xoves 21, o experto universitario en Robótica, Manuel Freire, impartirá Impresión 3D II: Impresoras de Filamento, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido a semana pasada.

Por último, o venres 22, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre comercio electrónico no obradoiro Descobre Plataformas para crear de Maneira Sinxela a túa Propia Tenda en liña.