Noticias

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros tres obradoiros online

Ata o 30 de setembro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre fotografía, Google Analytics e Pinterest


26 setembro 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a técnica e a composición na fotografía, sobre como dar os primeiros pasos con Google Analytics 4 e utilización de Pinterest para impulsar o negocio turístico.

En concreto, este martes 28 impartirase o obradoiro "Técnica e composición en fotografia". Estará a cargo de Lara Taboada, Titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, quen falará da utilidade de ter en contar multitude de factores no momento de facer unha foto e conseguir, deste xeito, unha toma interesante que chame a atención.

O mércores 29 será a quenda de "Primeiros pasos con Google Analytics 4" a cargo de Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, quen explicará as novidades desta ferramenta comparándoa coa versión anterior. Este obradoiro amosará a importancia do análise da información que nos facilitan os usuarios.

Para finalizar, o xoves 30 pola tarde, Mariana Rosa falará de "Como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico", obradoiro que centrarase na boa utilización de contidos e estratexias para sacarlle o máximo partido.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.