Noticias

SmartPeme oferta esta semana outros catro obradoiros online

Ata o xoves o programa de asesoramento tecnolóxico falará sobre fabricación dixital, Infoprodutos, creación de fotografías navideñas e ferramentas de Google


09 novembro 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre debuxo Onshape, sobre como crear un infoproduto, sobre como crear as túas fotografías para o Nadal  e a utilización das ferramentas de Google.

En concreto, hoxe  martes 9 impartirase o obradoiro "Fabricación dixital, Debuxo con Onshape V – Assembly I". Estará a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen acercará aos usuarios as tecnoloxías implicadas un proceso de fabricación dixital.

O mércores será a quenda de "Infoprodutos: que son e como crealos" a cargo de Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, quen dará a coñecer este novo espazo usado polos profesionais que deciden compartir coñecementos.

Para finalizar a semana, Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, falará o xoves  de "Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal", obradoiro que centrarase en darlle unha maior visibilidade aos nosos produtos nunha das mellores épocas en ventas do ano.

Xa pola tarde, Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico  do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, falará de "Coñece as ferramentas de Google I", explicando como este buscador ofrécenos a posibilidade de dar a coñecer mellor o noso produto.