Noticias

Salceda de Caselas destina preto de 11.000 euros do Plan Concellos para a Escola Infantil da vila

O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 a Salceda de Caselas sitúase nun 37.76 %, representando un investimento na vila de 424.003,78 euros


07 xuño 2018
Plan concellos 2018 da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, mediante Resolución presidencial, un novo investimento no Concello de Salceda de Caselas ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 10.746 euros para financiar o investimento en estantes para a Escola nfantil.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello da comarca de Pontevedra. En concreto, 203.854,82 euros na liña 1 para a execución do proxecto de obra de actuación de mobilidade sostible na EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano de Salceda de Caselas.

Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 62.405,56 € na liña 2 para o funcionamento dos servicios públicos municipais. E tamén, outros 146.997 € foron destinados á contratación de 9 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no Concello, dentro da liña 3 do Plan Concellos 2018.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 424.003,38 euros do total destinado a Salceda de Caselas, isto é, o 37.76 %.