Noticias

Rodeiro recibe 60.000 € para a mellora de accesos e camiños

Ata o de agora o Goberno provincial adxudicou o 29% do Plan Concellos na vila, o que supón un investimento na vila de 138.585,77 €


17 jul 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova axuda ao concello de Rodeiro ao abeiro do Plan Concellos 2016. Nesta quenda, trátase dunha achega de 60.000 € coa que a vila mellorará os accesos a varios núcleos municipais (concretamente os de Saa, en Santa María de Pescoso, e Outeiro, en Guillar) e, ademais, pavimentará os camiños de Suíme-Río e A Torre-Laxas.

Deste xeito, Rodeiro estréase na liña 1, a correspondente a investimentos, do Plan Concellos 2016. Anteriormente, a vila xa recibira 1.724,50 € en liña 3 para o financiamento da actividades "Cantos na Taberna" e, por último, outros 76.861,27 € con obxecto da contratación de 20 traballadoras e traballadores que desenvolven os seus labores nos servizos municipais do concello.

No que levamos de 2016,o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Rodeiro sitúase no28,5% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila acada a cifra de138.585,77€.


Novas relacionadas