Noticias

Recoñecemento a Fran Teixeira


14 xullo 2021
Homenaxe a Fran Teixeira

Acto de agarimo e recoñecemento a Fran Teixeira, que tivo lugar esta tarde na sede da Deputación en Vigo, pola súa traxectoria e o seu traballo na área de Deportes da institución provincial.

No acto participaron representantes da Real Federación Española e da Federación Galega de Balonmán, directivos doutras federacións deportivas, responsables das Deporte Escolas da Deputación, clubs que adestrou da provincia, xogadores e exxogadores dos seus equipos e representantes do xornalismo deportivo.

Entre outras persoas interviñeron: Pasqui, actualmente seleccionador do Dinamo de Bucarest; Manolo Cadenas, adestrador da Selección de Arxentina e do Ademar de León; Valero Rivera, adestrador da Selección de Qatar; José Javier Hombrados, exporteiro do Teucro e da Selección Española de Balonmán; Juan José García "Cota", médico da Selección Española de Fútbol; Pedro Posada, exxogador do Octavio; Javier Maté, exxogador do Celta de Vigo; Pedro Posada, expatrocinador del Pilotes Posada; Francisco Blázquez, presidente da Real Federación Española de Balonmán; Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán; e Ramiro Losada, expresidente da Federación Galega de Balonmán.

Ao remate do acto, Carmela Silva, presidenta da Deputación, entregoulle a Fran Teixeira, que estivo acompañado da súa familia, unha camelia conmemorativa e unha fotografía enmarcada.

Fotos