Noticias

Presentación dos viveiros de empresas da Deputación no CIFP A Xunqueira de Pontevedra


10 maio 2021
CIFP A Xunqueira

Presentación dos viveiros de empresas da Deputación no Centro Integrado de Formación Profesional A Xunqueira de Pontevedra, no marco das charlas que se ofrecen ao alumnado dos ciclos de FP, Bacharelato e universidade. Estivo a cargo da deputada de Novas Tecnoloxías, Ana Mejías.

A iniciativa, que ten por obxecto fomentar a cultura emprendedora, incluíu a elaboración dun panel de ideas sobre a actividade empresarial. A xornada, que se prolongou durante case dúas horas, rematou cunha reflexión final sobre os servizos de acompañamento e apoio que se ofrecen desde os viveiros da Deputación en Barro e Lalín.