Noticias

Os oito programas da Deputación garanten que máis de 38.000 persoas da provincia accedan a actividades culturais, medioambientais, deportivas e educativas

Carmela Silva fixo un balance das iniciativas que puxéronse a disposición dos concellos para dinamizar aos seus veciños e veciñas


28 out 2016

A presidenta  da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo hoxe un balance dos oito programas de actividades que a institución puxo a disposición dos concellos da provincia para garantir a dinamización de actividades culturais, medioambientais, educativas ou deportivas.

Os programas, que aínda están a celebrarse algún deles, ofertaron máis de 38.000 prazas en talleres, escolas deportivas, visitas guiadas a localidades da provincia, rutas de sendeirismo, ou proxectos de igualdade.

E o caso de "Depo en marcha" , que trata de favorecer o envellecemento activo e mellorar a vida das persoas maiores, con diversos obradoiros e talleres dos cales se benefician as asociacións de maiores, pensionistas e xubilados. Ate o momento tense desenvolvidos 798 obradoiros dos 160 previstos que rematarán en decembro e polos que  pasaran máis de tres mil persoas.

"En Ruta coa Depo" é un programa que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais. Ofrécense case 20 rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Ampas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa permite que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 €.

"Depotermal"  ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas  coa asistencia a balnearios e, a súa vez, ser un plan dinamizador da economía provincial, impulsando a creación e mantemento dos postos de emprego no sector turístico durante os períodos de menor actividade, tal e como recordou Carmela Silva.

Nel participan 51 concellos da provincia cun total de 4.434 prazas, entre a asistencia diúrna e as estadías de varios dias con aloxamento, e tamén por primeira vez reserváronse 434 prazas gratuítas. A presidenta  subliñou que antes so podían acceder a es plan aqueles que podían pagar e este ano a nova Deputación garantiu prazas gratis para aquelas persoas con problemas económicos.

Os obradoiros de "Conectadas" teñen como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, mellorar a súa formación básica e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, así como o intercambio de experiencias. Sesenta concellos optaron  as actividades do Servizo de Igualdade no  que participarán ate final de ano preto de cinco mil persoas.

Outro dos programas subliñados pola presidenta  da Deputación é as "Deporte escolas"  na que máis de 4.500 nenos e nenas poden desfrutar dos principais programas. En concreto, as escolas son as de patinaxe con máis de 1.900 nenos e nenas de 10-15 anos de 30 concellos;   a de judo con máis de 600 nenos e nenas de 10-15 anos de 12 concello; a de fútbol, con máis de 1.800 nenos e nenas de 10-15 anos de 28 concellos;  a de marcha con 150 nenos e nenas de 10-15 anos de 4 concellos; e a de rugby cunha soa escola.

Os obradoiros "SmartPeme" ofertan ás persoas emprendedoras, autónomas e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e de mozos e mozas autónomas. Neles están a participan case que 600 persoas en toda a provincia.

O programa "Depo Rúarte", no que participaron máis de 450 nenos e nenas de 28 concellos de menos de cincuenta mil habitantes, ofreceu actividades modernas e innovadores relacionadas coa música o baile, a creatividade, a cociña ou a arte urbana, e que rematou, como recordou Carmela Silva, fai unha semana diante do Pazo Provincial cunha gran festa e entrega de premios.

Por último, a presidenta  destacou a gran demanda das "Depo andainas", nas que participaron 1.200 persoas, esgotando a totalidade das prazas disponibles e  tendo que duplicar a frota de autobuses para dar cabida a todos os participantes. De feito, Carmela Silva sinalou que cara o próximo ano estanse a estudar novas fórmulas para atender  a alta demanda de solicitudes.

As andainas foron polos concellos de Campo Lameiro, para visitar a ruta dos petróglifos; Nigrán e Vigo, para percorrer o sendeiro azul e as Illas Cíes; Silleda, para visitar a fervenza de Pazos e o Mosteiro de Carboeiro; e O Grove, para percorrer a ruta dos cons en San Vicente do Mar ata Porto Meloxo.