ORAL-Xestión tributaria

Nova localización temporal da oficina do ORAL no Concello de Cambados


15 setembro 2021

A Deputación de Pontevedra - ORAL ten unha nova ubicación no concello de CAMBADOS, a partir do día 16 de setembro de 2021 a oficina do ORAL de CAMBADOS estará situada, de xeito temporal, no CENTRO COMARCAL EXPOSALNÉS Paseo da Calzada s/n (oficina Smartpeme).

Lembre que tamén ten ao seu servizo a Oficina Virtual Tributaria en https://ovt.depo.gal para realizar comodamente todos os seus trámites e consultas tributarias sen demoras nin desprazamentos.

Se o prefire, pode comunicarse connosco a través de noso Centro de Atención Telefónica, no 886 211 400 / 886 211 420 ou no correo electrónico informacion.oral@depo.gal, onde poderemos aclarar todas as súas dúbidas de forma áxil e sinxela.

Ademais poden consultar na nosa web a relación íntegra de oficinas do ORAL