Noticias

Oia pecha o Plan Concellos 2018 con dúas últimas achegas por máis de 50.000 euros

Con estes dous novos investimentos o Goberno de Carmela Silva financiará a construción dun paseo semi peonil en Burgueira e a mellora do equipamento municipal


28 novembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado de Cooperación, Carlos Font, anunciou que o Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante sendas resolucións presidenciais, as dúas últimas achegas do Plan Concellos 2018 para o Concello de Oia. Trátase esta vez dunha axuda de 46.332,63 euros para a construción dunha senda semi peonil en Burgueira, chegando á igrexa de San Pedro de xeito que evítase o paso pola estrada, e 9.875,56 euros para a adquisición de toldos, un desumidificador, unha ventá grande, un remolque, unha motoserra podadora, un asento randeeira, uns recolledores de lixo e sinais verticais.

Tal e como sinalou Font, con estas dúas últimas achegas o Concello de Oia pecha o Plan Concellos deste ano. Coa Liña 1 de investimentos, o Concello do Baixo Miño xa recibira 29.822,66 euros para o acondicionamento do espazo exterior do centro; 9.072,09 euros para actuación integral de camiños de Viladesuso, Mougas e Santa María de Oia; 44.385,55 euros para a pasarela peonil colgante en Acevedo; 41.738,83 euros para sinalización vertical; 69.309,43 euros para a actuación integral dun camiño en Refoxos; 27.200,88 € para a reforma de parques infantís en Mabia, Torroña e Acevedo; 15.305,46 € para a adquisición de maquinaria e 6.655 euros para a adquisición dunha cisterna.

Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 42.062,92 euros no que corresponde á liña 2 e, no caso da liña 3 de emprego, recibiu outros 99.899,44 € que foron destinados á financiación da contratación de 9 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello. 


Novas relacionadas