Noticias

O "Plan Concellos" destina 50.000 € en Pontecesures para mellorar a súa seguridade viaria

A institución provincial xa entregou o 50% do total destinado a Pontecesures dentro do Plan, cun investimento aprobado de preto de 175.000 €


19 xullo 2017
plan concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución da Presidenta, Carmela Silva, unha nova axuda ao concello de Pontecesures no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Cunha achega de 48.805,03 euros, Pontecesures realizará unha obra de mellora da seguridade viaria en diversos viarios municipais.

Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Pontecesures 52.410,86 € en liña 2 para facer fronte a diversos gastos correntes e para a XXIIª Festa da Lamprea e, finalmente, outros 73458,64 € para a contratación de 8 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

Coa suma desta nova achega, Pontecesures xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 50% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 174.674,53 euros dun total situado en torno aos 350.000 €.


Novas relacionadas