Noticias

O Rosal recibe cinco achegas da Deputación de Pontevedra por valor de máis de 25.000 euros

A Deputación de Pontevedra leva entregado o 69,61 % do total destinado ao Rosal dentro do Plan Concellos 2017, cun investimento situado en máis de medio millón de euros


10 setembro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar por sendas resolucións provinciais cinco novas achegas ao Concello do Rosal, no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 11.200 € para a adquisición dun vehículo para o servizo de vías e obras, 1.400 € para a adquisición de equipamentos deportivos, 3.872 € para a adquisición dunha máquina fregadora para o Pavillón municipal, 4.815,46 € para renovar o equipamento de megafonía do Pavillón municipal e 4.918,65 € para a adquisición dunha máquina de detección de fugas na rede de abastecemento.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara ao Rosal outros 154.758,72 € na liña 1 para equipar o auditorio municipal, o taller de carpintaría e a recollida selectiva de lixo, así como para a mellora da estrada de Couselo e a urbanización da estrada da Devesa. Á marxe da liña 1, outros 83.453,3 € en liña 2 para distintos gastos correntes e actividades como a Feira do Viño, a Festa do Cabaqueiro, a mostra da camelia ou a festa popular do Pilar. Finalmente outros 122.875,92 € en liña 3 para a contratación de 14 persoas nos distintos servizos municipais desta localidade.

Coa suma desta nova achega, O Rosal xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 69,61 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 387.294,05 € dun total de 556.355,34 €.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

25 xuñ 2016, infraestructuras, infraestruturas, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, o rosal, plan