Noticias

O proxecto "SmartPeme" levará a cabo 38 cursos nos concellos da provincia no mes de novembro

"SmartPeme" é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia


30 out 2016

O novo proxecto SmartPeme é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.

Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se están a pór en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Todas as actividades terán lugar en horario de 19:00 horas e o teléfono de inscrición é o seguinte: 886 20 20 20.

En Pontevedra, o Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, na capital provincial, acollerá seis obradoiros: o xoves 3 de novembro, "Sácalle partido á túa conta de Gmail". O seguinte luns, 7, "Saca as túas fotografías para o comercio electrónico". Ese xoves, 10 de novembro, terá lugar o obradoiro "Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing" que dará paso, o seguinte xoves 17, a "Google Analytics: Iniciación á analítica web". O venres 25 será a quenda de "A túa páxina web con WordPress (continuación)" e, por último, o mércores 30 "Como utilizar Instagram para promover a túa empresa". A oficina SmartPeme de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n.

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: o xoves 3 de novembro, "Xestiona o teu negocio dende o móbil". O luns 7, "Sácalle partido á túa conta de Gmail". O venres desa semana, día 11, "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais". O martes 15 de novembro, "Comercializa os teus servizos a través das redes sociais". O mércores seguinte, 23, "Crea unha nube de información privada para a túa empresa" e, por último, o 28 de novembro será a quenda de "Fotografía e vídeo para establecementos de turismo". A oficina SmartPeme de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o mércores 2, "Fotografía de produto: especial sector téxtil". O venres 4, "Facebook Ads". O martes seguinte, día 8, "Google Analytics: iniciación á analítica web". O xoves da seguinte semana, día 17, "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais". O seguinte luns, 21 de novembro, "Como utilizar Instagram para promover a túa empresa" e a última quenda será a de "Imos chamar á porta da túa clientela, posicionamento SEO" o luns 28. A oficina SmartPeme do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

As quendas para o mes de novembro na oficina de Vigo son as seguintes: o mércores 2, "Rendibiliza o teu perfil profesional nas redes sociais". O mércores seguinte, día 9, "Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e iOS". O venres 11 de novembro, "Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite". O xoves 17, "Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas aos pagamentos". O seguinte martes, día 22, "Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl" e, por último, "A túa páxina web con WordPress" o luns 28. A oficina SmartPeme de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

No viveiro de empresas do Polígono Lalín 2000, o xoves 3, "Crea unha nube de información privada para a túa empresa". O seguinte xoves, día 10, "Sácalle partido á túa conta de Gmail". O venres 18 será a quenda de "Xestiona o teu negocio dende o móbil" para continuar o seguinte luns, 21 de novembro, co obradoiro "Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio". Dous días despois, mércores 23, "Fotografía e vídeo para establecementos de turismo" e, por último, "Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite" o martes 29 de novembro. A oficina SmartPeme de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.

O Centro ExpoSalnés de Cambados, o mércores 2 de novembro, "Imos chamar á porta da túa clientela, posicionamento SEO". O martes 8, "Comercializa os teus servizos a través das redes sociais". O luns 14 de novembro, "Fotografía de produto: especial sector téxtil". O mércores desa mesma semana, o 16, "Profundizamento nas ferramentas: Google Apps avanzado". O luns 21, "Fotografía e vídeo para establecementos de turismo" e, por último, "Como utilizar Instagram para promover a túa empresa" o mércores 29. A oficina SmartPeme de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.