Noticias

O portavoz provincial do PSOE esixe a Núñez Feijoo a dimisión inmediata de Alfonso Rueda como vicepresidente da Xunta

Santos Héctor Rodríguez cualifica de "gravísima e intolerable" a utilización do PP das instalacións da Deputación de Pontevedra para facer campaña política.


18 mai 2016

Ante a comunicación por escrito recibida no día de hoxe, confirmando a visita do "Presidente do Partido Popular de Pontevedra, Don Alfonso Rueda Valenzuela ás oficinas do seu grupo na Deputación de Pontevedra", o portavoz do Grupo provincial socialista, Santos Héctor Rodríguez, expresou o seu máis profundo malestar "porque o Vicepresidente da Xunta de Galicia acuda a unha Institución provincial utilizando as súas instalacións para unha campaña política"

Rodríguez cualificou de indignante e intolerable en democracia "a falta de respecto á Deputación de Pontevedra, cando Rueda escolle visitar por primeira vez a institución provincial neste mandato como Presidente dun partido e non como Vicepresidente do goberno autonómico onde están pendentes numerosos temas de resolución. Non se pode consentir. Rueda actúa como un pequeno ditador e deixa claro  a súa actuación partidista e contraria á colaboración institucional entre administracións.  É evidente que para Alfonso Rueda o primeiro é ou seu partido e a súa campaña de asentamento na provincia antes que os problemas da poboación pontevedresa. O seu primeiro obxectivo é visualizar aos seus compañeiros de partido e apoialos na súa nula labor na Deputación antes que despachar temas de interese xeral da provincia coa Presidenta desta Institución"

Santos Héctor Rodríguez sinalou que unha vez máis Alfonso Rueda esquécese de que o seu traballo como Vicepresidente da Xunta é representar a todas as galegas e galegos, independentemente de que lle votasen ou non. "Os actos reflicten as persoas. Queda claro que para Alfonso Rueda a súa traxectoria non Partido Popular é moito mais importante que a súa labor como Vicepresidente da Xunta  tentando resolver os problemas reais da cidadanía desta provincia"

Por todo iso, o portavoz do grupo provincial socialista esixiu a dimisión inmediata de Alfonso Rueda como Vicepresidente da Xunta, "porque despois da súa actuación de hoxe non só demostra a súa bajeza política, algo que xa se coñecía, senón que asume sen rubor algún o cargo de mamporreiro que lle adxudicou Núñez Feijoo.  Isto é algo nunca visto e vai moito máis alá de que o mesmo señor ao que se lle enche a boca cando fala de lealdade institucional protagonice en democracia unha actitude como esta", subliñou

Para Rodríguez "en ningún país democrático un vicepresidente de goberno que ten que representar a toda a cidadanía visita unha institución para facer política partidaria. En calqueira outro país sería motivo de cese inmediato. O PP con Feijoo e Rueda a cabeza confunden a democracia coas republicas bananeiras. Rueda e Feijoo, Feijoo e Rueda están moi preocupados pola perda das eleccións en Galicia e están dispostos ou que sexa para tentar manterse no poder. Que saiban que nos lles temos medo algún, dan e moita pena. Estas formas de facer política son as que denigran unha actividade que debería ser a máis digna do ser humano. Eles desprestixíanse, pero nós seguiremos a facer política para a xente. Mostran un nivel político de subsolo. É moi triste", concluiu.