Noticias

O Plan Concellos destina 130.000 € para a reconstrución do pavillón deportivo de Xil en Meaño

Xa está entregado o 64% do total destinado a Meaño dentro do Plan Concellos 2016, o que representa un investimento na vila de 296.642,77€


13 xuñ 2016

A Xunta de Goberno, vén de aprobar unha nova achega do Plan Concellos 2016 a Meaño. Nesta ocasión, o concello do Salnés recibirá 129.468'61 € para a reconstrución das fachadas e da cuberta do pavillón deportivo da parroquia de Xil. Esta actuación enmárcase na primeira das catro liñas que compoñen o plan, a liña 1, dedicada a investimentos.

O Concello xa recibiu outras axudas ao concello ao abeiro do Plan Concellos: 46.174,14 € na liña 1 para reformar o pontón no camiño municipal entre a Igrexa e Axís, na parroquia de Simes; 17.000 €, enmarcados na liña 3 do plan, para a festa dos muíños, a carreira popular, a festividade da patroa e a Escola Municipal de Música, ademais de 104.000 €, enmarcados na liña 4, para a contratación de 19 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no Concello.

Nesta primeira etapa de 2016,xa está asignado o64% dos presupostos destinados a Meaño ao abeiro do Plan Concellos 2016, acadando un total de 296.642,77€ investidos.