Noticias

O "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra destina máis de 6.000 euros en Ponte Caldelas á adquisición dun vehículo turismo

A institución provincial leva entregado o 23 % do total destinado a Ponte Caldelas dentro do Plan, cun investimento de arredor de 125.000 €


26 marzo 2017
Coche

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Ponte Caldelas dentro do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 6.450 euros con destino ao financiamento da adquisición dun vehículo turismo.

Ademais, anteriormente a institución provincial xa destinara a Ponte Caldelas outros 117.884,50 euros para a contratación de 11 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

Coa suma desta nova achega, Ponte Caldelas xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 22,8 % do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 124.334,50 € dun total de máis de 545.000 € (esta cantidade representa, ademais, un 6 % máis do que recibiu no exercicio anterior).