Noticias

O Plan Concellos 2016 complétase ao 100% en Mondariz cunha última actuación para emprendemento comercial

O plan provincial levou investimentos ata este municipio por un total de 463.587,85 €


27 ago 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar a última achega económica para Mondariz dentro do Plan Concellos 2016. Trátase dunha contía de 29.999,65 € para a actuación "Mondariz praza, un espazo de emprendemento comercial", incluída na liña 1 do Plan Concellos. Con esta achega, en Mondariz complétase ao 100% o Plan Concellos 2016, cuns investimentos totais de 463.587,85 €.

Esta partida vén sumarse a outras aprobadas para Mondariz dentro da liña 1, por un importe total de 311.896,64 €. Foron investimentos para melloras na biblioteca municipal, adecuacións de camiños e obras de saneamento. Ao abeiro da liña 4, dedicada á promoción de emprego, o Plan Concellos levou 104.307,35 € para a contratación de 17 traballadores e traballadoras municipais. Na liña 3 achegáronse 17.384,56 € para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais.