Noticias

O Museo acolle o prelanzamento do disco Salvado Piano Works da pianista e xestora cultural Andrea González

O concerto, que está incluído no ciclo ‘Salvado en Ruta' subvencionado pola Deputación e Turismo Rías Baixas, será mañá mércores ás 19.30h no Edificio Castelao


14 decembro 2021
Andrea González

O Museo de Pontevedra vai acoller mañá mércores o prelanzamento do disco ‘Salvado Piano  Works' que a pianista e xestora cultural Andrea González lanzará proximamente coa música para piano do monxe benedictino galego Rosendo Salvado.

Esta presentación, que terá lugar no Edificio Castelao ás 19.30 horas, enmárcase no ciclo ‘Salvado en Ruta', subvencionado pola  Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas. A creación de Andrea González chegará do 15 ao 20 de decembro a diferentes concellos de Pontevedra (Nigrán, Arbo, Gondomar e Redondela) para unir patrimonio e música coa vontade de compartir o legado cultural e natural da provincia.

O ciclo tamén chegará o sábado 18 de decembro á cidade portuguesa do Porto dentro do marco da ‘Mostra  Espanha'  organizado polo Ministerio de  Cultura e Deporte de España, no que participará como convidada a soprano Leonor  Bonilla.

Andrea  Gonza´lez recupera co seu novo disco a mu´sica do monxe  espan~ol Rosendo Salvado, fundador da u´nica cidade mona´stica de Australia e pioneiro na defensa dos dereitos humanos dos  abori´xenes. Un personaxe  ecle´ctico que negociaba con reis e papas,  convivi´a con tribos  indi´xenas e consideraba a  mu´sica epicentro da súa  misio´n. A súa  polie´drica personalidade e  mu´ltiples intereses abrazaron disciplinas como a medicina, a arte, a ciencia e a bota´ nica, exercendo ao mesmo tempo como diploma´tico, artista e escritor, pero sempre co seu  vocacio´n misioneira como eixo vertebrador da súa vida.

A xestora cultural e pianista Andrea González foi elixida entre as  ‘Top 100 Mulleres Li´deres de Espan~a' e é ‘Premio  Ne´lida  Pin~ón' de Cultura. Foi galardoada en numerosos premios nacionais e internacionais como pianista e  actu´a en  Espan~a, Portugal, Italia, Reino Unido, Australia e Cuba, destacando a  Australian  National  University, o Teatro Nacional de Cuba e o Milton  Court do  Barbican  Center de Londres. É xurado de concursos internacionais de piano como o de Santa Cecilia no Porto,  Orbetello en Italia ou o  Great  Master.

É profesora de  Produccio´n e  xestió n de  Mu´sica e Artes  Esce´nicas no Conservatorio Superior de  Mu´sica de Vigo, vicepresidenta de Mocidades Musicais de Espan~a, presidenta de  Xuventudes  Musicais  Eixo  Atla´ntico e directora do International  Keyboard Festival &  Masterclass (IKFEM). Foi directora te´cnica da Orquestra Vigo 430, directora  arti´stica de  Camin~os Sonoros da Xunta de Galicia, xerente do Taller  Atla´ntico  Contempora´neo e coordinadora da Young  Audiences Music de  Jeunesses Musical  International.

CONCERTOS SALVADO EN RUTA

15.12.2021. Pontevedra: Museo de Pontevedra I 19.30 h

 17.12.2021. Nigrán: Auditorio I 21 h

 18.12.2021. Porto: Casa dás Artes – Casa Allen. Palacete Villar d'Allen I 22.30 h (hora galega)

19.12.2021. Arbo: Auditorio – Centro Multiusos I 17.30 h

 20.12.2021 

Gondomar: Conservatorio I 16 h

Redondela: Multiusos Xunqueira I 17 h