Noticias

O mes de marzo arranca con catro novas accións formativas do programa "SmartPeme" no viveiro de empresas de Barro

As actividades deste mes no viveiro están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores ao novo escenario dixital


02 marzo 2020

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de marzo catro novas accións formativas do programa "Smartpeme" en Barro, dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas para aumentar a súa competitividade.

Os cursos que se imparten ata o 26 de marzo empezan este xoves, día 5, con Impresión 3D Avanzado I, e terán continuación con Impresión 3D Avanzado II, programado para o xoves 12 de marzo; Impresión 3D Avanzado III, que será o martes 17; e Impresión 3D Avanzado IV, que será o xoves 26 de marzo.

A totalidade destes obradoiros serán impartidos no viveiro de empresas do polígono de Barro de 17 a 21 horas. As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer a través da aplicación, no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.

"SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

Vídeos