Noticias

O Goberno provincial de Carmela Silva xa investiu máis de 2 millóns de euros no Concello de Forcarei o que supón case 650 euros por habitante

Ademais, Forcarei foi un dos concellos beneficiarios doutros plans da Deputación como o PICEI 2016 e o Plan de Reequilibrio Territorial


27 marzo 2018
Inversións Forcarei

O Goberno da Deputación de Pontevedra investiu nos últimos dos anos e medio no Concello de Forcarei máis de dous millóns de euros, 2.347.608,29 euros, é dicir a suma dos fondos do Plan Concellos e o resto das achegas das distintas áreas da institución provincial. Os investimentos máis destacados chegaron a Forcarei desde á area de Cooperación, con achegas de máis de millón e medio de euros, 1.643.689,10; Mobilidade con 246.856,67 euros; Cohesión Social con 244.256,48 euros; Emprego con case 90.000 euros para financiar a contratación de traballadoras e traballadores para o Concello; ou Deportes, xa que nestes tres anos a Deputación prestou apoio aos clubs deportivos locais con achegas por importe de case 5.000 euros, ademais de 2.789,06 euros concedidos ao concello para os "banquillos" do Campo de Fútbol.

Ademais, Forcarei foi un dos municipios beneficiarios do chamado Plan PICEI 2016 da Deputación de Pontevedra, cun investimento de 90.000 euros destinado á sinalización vertical de núcleos rurais. Tamén, no 2017 foi un dos 25 concellos da provincia que entrou no Plan de Reequilibrio Territorial que ten por obxectivo a posta en marcha de equipamentos ou dotacións singulares na mellora do equilibrio na provincia. A Deputación destinará 312.000 euros para a reforma do albergue para ximnasio

En canto ao Plan Concellos, este ano 2018, o Goberno de Carmela Silva pon a disposición do Concello de Forcarei case un millón de euros, 953.228,35 euros, resultado da suma dos 556.141,70 euros deste ano e os 397.086,65 euros, do adianto da Liña 1 do Plan de 2019. Isto supón para o concello de Terra de Montes un 73,88 % máis de fondos da Deputación de Pontevedra que no ano 2017 tivo un investimento por habitante de 263 euros.

No referido a Liña 3 de Emprego, o Concello ten este ano a financiación da Deputación para 9 postos de traballo que destinarán a brigadas de obras e medio ambiente, e que se suman a outros 20 empregos que puideron facer nos anos 2016 e 2017.

Felizmente, tamén solucionáronse os problemas para a obra de construción do aparcadoiro público, unha das inversións do Plan Concellos do ano 2016, que sufriu retrasos debido a que o Goberno municipal de Forcarei tivo que emendar a documentación xustificativa deste investimento despois de que a Deputación detectara que a obra executada polo concello "non cumpría o uso de aparcadoiro público" e outras determinacións técnicas do proxecto". Este procedemento de subsanación foi aberto en maio de 2017 e o Concello de Forcarei remitiu en outubro de 2017 o proxecto modificado  para corrixir as deficiencias na xustificación.

O proxecto contempla 24 prazas de aparcamento sendo unha delas reservada para vehículos de persoas con discapacidade. O Concello de Forcarei solicitou con cargo ao Plan Concellos 2017 unha subvención por importe de 79.000 euros para accesibilidade, seguridade e poder rematar a obra comezada no ano 2016.