Noticias

O Goberno provincial de Carmela Silva aproba unha nova axuda a Pazos de Borbén por case 30.000 euros para a reparación de camiños municipais

A Deputación destina este ano a Pazos de Borbén, a través do Plan, un total de 685.564,73 euros,


28 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A deputada provincial Digna Rivas informou da aprobación mediante Resolución presidencial, dun novo investimento para Pazos de Borbén ao abeiro do Plan Concellos. Trátase esta vez dunha axuda de 29.034,62 euros para financiar a reparación do camiño municipal do Eirado-As Lombas-Moscoso, concretamente vaise realizar un reasfaltado en case 2.000 metros cadrados.

Ademais desta cantidade, o Goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 167.174,97 euros na liña 1 destinados a financiar a reparación do camiño municipal de Alvite en Areeiro-Nespereira, reparación do camiño do Río-Outeiro-Nespereira, a elaboración do inventario de bens municipal, e a reparación do camiño municipal do Eido da Col-Xunqueiras.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 38.088,97 euros para financiar un gasto corrente novo (subministro eléctrico). E tamén, outros 90.456,42 euros foron destinados á financiación da contratación de 16 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de Emprego.

A Deputación destina este ano a Pazos de Borbén, ao través do Plan Concellos, un total de 685.564,73 euros, un 73,64 % máis que no 2017.