Noticias

O goberno provincial achega 22.000 € ao Concello de Moraña para a reposición dun firme no vial

No que vai de ano, a Deputación leva entregado o 72,20 % do total destinado a Moraña ao abeiro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 323.218,81 €


25 may 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha nova axuda ao concello de Moraña, por un importe de 22.149,75€, con destino a reposición do firme no vial principal de Saiáns. A contía enmárcase na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta achega súmase ós 189.868,42 € entregados ao abeiro da mesma liña para a pavimentación de viais e acometidas de saneamento no núcleo rural de Castro e para a substitución dunha beirarrúa e unha tubaria de auga; 16.785.64 €, liña 3, para o Mes dos Libros, un obradoiro de prevención sobre fisioterapia e rehabilitación e outro sobre acoso e para o financiamento das festas e da IV carreira do Carneiro o Espeto; e 94.415 €, liña 4, para a contratación de 10 traballadores e traballadoras que están a desempeñar as súas labores para o concello.

No que vai de ano, o goberno provincial leva investidos 323.218,81 € na vila con cargo ao Plan Concellos 2016, o 72,20 % do total destinado a Moraña ao abeiro do plan.