Noticias

O Goberno de Carmela Silva financia no Concello da Lama a creación dun local social por cerca de 160.000 €

Trátase dun investimento con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019


21 marzo 2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres un novo investimento para A Lama con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 155.112,87 euros para a creación dun local social no lugar do Peso.

Máis polo miúdo, as obras levaranse a cabo na parroquia de Escuadra (San Lourenzo) e, máis en concreto, no lugar do Peso. O novo local contará cunha planta baixa de superficie construída de 135,58 m2 e disporá de cafetería, aseo feminino adaptado para persoas usuarias de cadeira de rodas, aseo masculino e sala multifunción. Esta última será un espazo diáfano no que se ofertará unha multitude de actividades ao longo do curso. Así, este centro cumprirá coa función de entreter e de dinamizar a vida sociocultural e comunitaria da zona.