Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina preto de 66.000 euros a Vila de Cruces para financiar o acondicionamento do campo da festa

Ao abeiro do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello un total de 1.117.984,97 euros, un 73,49 % máis que no 2017


01 xullo 2018
Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para o Concello de Vila de Cruces, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 65.949,79 euros.

Máis polo miúdo, con esta axuda a institución provincial financiará o acondicionamento do campo da festa de San Martiño de Camanzo. Con esta achega, Vila de Cruces xa ten recibido 268.570,34 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 24 % do plan provincial.

Neste senso, co Plan Concellos 2018, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do Concello de Vila de Cruces un total de 1.117.984,97 euros, o que supón un 73.49 % máis que o ano pasado.

Este ano a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.