Noticias

O Goberno de Carmela silva destina máis de 81.000 euros a Cangas para a humanización e accesibilidade da rúa Fonteferreira

Ao abeiro do Plan Concellos 2018, a Deputación de Pontevedra pon este ano a disposición do Concello un total de 1.887.110,87 euros, un 73,28 % máis que no 2017


01 setembro 2018
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega para o Concello de Cangas, dentro da Liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 81.534,60 euros, coa que o Goberno de Carmela Silva financiará a humanización e accesibilidade da rúa Fonteferreira.

Con esta achega, Cangas xa ten recibido 1.441.883,86 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 76,4 % do plan provincial. Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición do Concello do Morrazo un total de 1.887.110,87 euros, o que supón un 73,28 % máis que o ano pasado.

Este ano a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos 2018, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.