Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina máis de 300.000 euros á mellora da pavimentación no concello de Ponte Caldelas

Ao abeiro do Plan Concellos, este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición de Ponte Caldelas un total de 956.090,08 euros, un 75,30 % máis que no 2017


30 xuño 2018
Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para o concello de Ponte Caldelas, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 311.454,36 euros.

Máis polo miúdo, con esta axuda a institución provincial financiará a mellora da pavimentación no concello de Ponte Caldelas. Con esta achega, Ponte Caldelas xa ten recibido 857.471,42 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 89.7 % do plan provincial.

Neste senso, co Plan Concellos 2018, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello un total de 956.080,08 euros, o que supón un 75,30 % máis que o ano pasado.

Este ano a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.