Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina case 80.000 euros para mellorar o abastecemento de auga en Sanxenxo

Ao abeiro do Plan Concellos, esta vila do Salnés xa recibiu este ano máis de medio millón de euros en investimentos da Deputación de Pontevedra


12 agosto 2018

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova achega para o Concello de Sanxenxo por 79.007,53 euros ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2018. Así, esta vila do Salnés recibirá este investimento para pavimentar e dotar de abastecemento de auga as vías municipais.

Con esta achega, Sanxenxo ten recibido co Plan Concellos 2018 un total de 528.811,35 euros dos 1.972.572,74 euros que lle corresponden este ano, un 76,20 % máis que en 2017. En concreto, a Deputación de Pontevedra aprobou para Sanxenxo 211.139,53 euros en liña 1 de investimentos, 58.000 euros en liña 2 de amortizacións e 259.671,82 euros en liña 3 de emprego cos que se contrataron a 43 persoas.

Este ano a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 euros do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.