Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina 600.000 euros a máis de 550 clubs deportivos do deporte federado da provincia

As subvencións, dirixidas a clubs que participen en competicións federadas de ámbito inferior ao nacional, están repartidas por 56 concellos da provincia


16 xullo 2018
Axudas a clubs deportivos do deporte federado da provincia

O Goberno de Carmela Silva aprobou hoxe na Xunta de Goberno a concesión de subvencións, por un importe total de 600.000 euros, a 557 clubs deportivos, que participan en competicións federadas de ámbito inferior ao nacional no ano 2018. Estas axudas, que oscilan entre os 400 e os 5.000 euros, estarán repartidas por 56 concellos da provincia de Pontevedra.

O obxectivo destas subvencións é apoiar aos clubs deportivos federados e rexionais preferentes pola súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico, ben sexan convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.