Noticias

O goberno de Carmela Silva destina 100.000 euros para entidadas que fomenten a igualdade e a loita contra a violencia machista

A presidenta da Deputación de Pontevedra considera fundamental este tipo de axudas para acabar coa lacra que supón neste país a violencia machista


04 agosto 2017
Xunta de goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión da segunda convocatoria das subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero para o ano 2017. Desta maneira o goberno de Carmela Silva investirá preto de 68.000 euros que súmanse aos 32.000€ que concedéronse na primeira convocatoria mediante subvencións a 4 entidades da provincia.

En total, 100.000 € que encaixan na forte aposta que fai a Deputación de Pontevedra pola igualdade e pola loita contra a violencia machista. Estas cifras supoñen un aumento da partida orzamentaria, tal e como sinala Carmela Silva, que subliñou que "estas son subvencións moi importantes para este goberno e por iso neste 2017 aumentamos o orzamento respecto o 2016 en 25.000€. As institucións públicas teñen a obriga de estar ó lado da igualdade e traballar para que os homes e as mulleres teñan as mesmas oportunidades."

O obxectivo destas subvencións é apoiar ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan na provincia de Pontevedra proxectos, programas e actividades en prol da igualdade entre mulleres e homes  e en favor da loita contra a violencia de xénero. Así, foron finalmente 30 entidades as que recibirán esta achega por parte da Deputación. A presidenta Carmela Silva sinalou que "o traballo que fan estas entidades sen ánimo de lucro é moi beneficiosa para a sociedade porque necesitamos que todos esteamos unidos para así acabar coa lacra que supón a violencia machista. Na Deputación de Pontevedra estamos moi comprometidos neste senso e queremos recalcar que unha sociedade non é xusta ata que é igualitaria."

No marco destas subvencións realizaranse actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; proxectos de atención integral para vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos e persoas dependentes o seu cargo; programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados á  mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e campañas de difusión e sensibilización a cidadanía en materia de igualdade.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

28 xuñ 2016, igualdad, igualdade, muller, mulleres, escola, maría vinyals, inauguración, escola de igualdade maria vinayls