Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba tres novas achegas do Plan Concellos 2018 a Cuntis por preto de 118.000 euros

Destinaranse á mellora do saneamento en Ducío e Portela, ao cambio de cuberta dun edificio municipal e ao acondicionamento dun camiño rural


28 agosto 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, mediante resolucións provinciais, tres axudas ao Concello de Cuntis por un valor total de 117.827,29 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 34.294,88 euros irán destinados ao acondicionamento do camiño rural de acceso ao lugar de Vilar de Matos; 28.337,72 euros ao cambio da cuberta dun edificio municipal; e 55.194,69 euros á mellora do saneamento en Ducío e Portela.

Ademais desta cantidade, o Plan Concellos 2018 xa adxudicou anteriormente varias axudas para o Concello. En concreto, 242.941,69 euros na liña 1 destinados a eficiencia enerxética, ao acondicionamento do camiño rural Pista das Moreiras e outro no lugar de Trasponte, así como á mellora da cuberta do pavillón municipal, ademais das achegas recentemente aprobadas. Outros 46.016,45 euros na liña 2 para financiar actividades culturais, deportivas e festexos. Tamén, outros 122.623,27 euros para a contratación de traballadoras e traballadores, dentro da liña 3.

Ata este momento, a Deputación xa entregou 411.581,41 euros dos 542.123,92 totais destinados ao concello de Cuntis. Iso supón un grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 neste Concello que se sitúa moi preto do 76 %.