Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba o financiamento de novas pavimentacións en Soutomaior

A nova achega do Plan Concellos da Deputación supera os 130.000 euros para a mellora de camiños de Comboa, Aranciña, Aranza, Romariz, Carballas, Alxán e Moreira


09 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A deputada provincial Digna Rivas informou hoxe que o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo xoves en Xunta de Goberno o financiamento ao Concello de Soutomaior para as obras de pavimentación e mellora de seguridade viaria na vila, concretamente nos camiños de Comboa, Aranciña, Aranza, Romariz, Carballas, Alxán e Moreira. As actuacións teñen un importe total de 134.965,02 euros e forman parte dos fondos da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos.

En concreto, vaise levar a cabo a roza e limpeza dos camiños, a limpeza do pavimento existente, a regularización de firme con aglomerado en quente e posterior capa de rodaxe cun espesor de 5 cm, e, entre outras accións, tamén se vai a fixar unha marca viaria continua reflexiva.

Este ano, a través do Plan Concellos, o Goberno provincial destina a Soutomaior un total de 928.649,09 euros, máis dun 74 % máis que no ano anterior.