Noticias

O goberno de Carmela Silva aproba novos investimentos por valor de máis de 60.000 euros para Lalín ao abeiro do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 64,11% do total do plan destinado ao concello este ano


29 xullo 2017
Plan Concellos 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento para  Lalín ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017". Cun importe total situado en 60.008,47 euros, o concello poderá acometer novos investimentos dirixidos á reposición de beirarrúas en varias zonas do casco urbano. Máis polo miúdo, as reformas realizaranse na rúa Areal, na traseira da rúa Areal e na rúa da Ponte.

Con estas novas aprobacións, sinalou a Presidenta provincial Carmela Silva, "ata o momento xa se aprobaron preto dun millón de euros para Lalín ao abeiro do Plan Concellos 2017", un investimento total de 972.429,22 euros, que supón que "a porcentaxe adxudicada ata hoxe se sitúa no 64,11%". Este ano, Lalín recibe un total de máis de 1.516.882,35 euros no marco das achegas do "Plan Concellos 2017".

Ata o momento, Lalín xa recibira a cantidade de 347.422,12 euros para levar a cabo a ampliación do edificio do centro social de Prado e a dotación de calefacción ao mesmo, as reformas nos palcos de Moneixas e Vilanova, a adquisición de material para uso informático, o acondicionamento do paseo fluvial do río Pontiñas na zona do auditorio, a adquisición do equipamento de medios didácticos para programas de formación e emprego, o equipamento para o obradoiro de mecanizado, montaxe e rematado de madeira de carpintería, o pavimento na pista de Froxán (Castro) e no acceso a Fondevila (Donsión) así como o acondicionamento do entorno da rúa Areal e da sala para ximnasio no edificio multiusos Lalín Arena . Á marxe da liña 1, aprobáronse tamén outros 227.532,35 euros da liña 2 para actividades como a XIII Bienal de Arte, o conservatorio profesional de música, o proxecto de promoción turística para Lalín, o plan museolóxico e museográfico do Museo Galego da Marioneta, o cocido do orgullo, os campamentos deportivos de verán, a promoción e dinamización do programa activo "Roteiros de Lalín", a adquisición de materiais para a reparación de pistas municipais, o circuíto de "Cine no rural", o "Serán das Letras Galegas", obradoiros de robótica para nenas e nenos e o "Ciclo de Música na rúa". Finalmente, Lalín tamén recibiu 337.466,28 euros da liña 3 do "Plan Concellos 2017" para a contratación de 37 persoas para poder garantir a prestación dos distintos servizos municipais desta vila.


Novas relacionadas

Xunta de Goberno

08 jul , plan concellos 2016, a lama, agolada, lalin, plan ayuntamientos 2016