Noticias

O goberno de Carmela Silva aproba novos investimentos por valor de máis de 211.000 euros para Baiona ao abeiro do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 91,5% do total do plan destinado ao concello este ano


30 xullo 2017
Plan Concellos 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento para  Baiona ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017". Cun importe total situado en 211.572,68 euros, Baiona poderá desenvolver diversas actuacións co obxectivo de acondicionar o parque infantil da Palma.

Con estas novas aprobacións, sinalou a Presidenta provincial, Carmela Silva, "ata o momento xa se aprobaron preto de 820.000 euros para Baiona ao abeiro do Plan Concellos 2017", un investimento total de 819.296,59 euros que supón que "a porcentaxe total adxudicada ata hoxe se sitúa no 91,5%". Este ano, Baiona recibe un total de máis de 895.000 euros no Plan Concellos, case un 3% máis de recursos en comparación co ano pasado.

Ata o momento, Baiona xa recibira a cantidade de 366.454,82 euros para levar a cabo a mellora de camiños de titularidade municipal e a renovación do céspede artificial e da pista de atletismo na instalación deportiva municipal do Aral. Á marxe da liña 1, outros 40.000 euros en liña 2 para a Festa da Arribada da Carabela Pinta 2017 e finalmente 201.269,50 euros en liña 3 para a contratación de 25 persoas nos distintos servizos municipais desta vila.