Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba novas achegas por valor de preto de medio millón de euros para Crecente, O Rosal e Vilaboa

A Deputación de Pontevedra financia diversos proxectos de acondicionamento e reforma de vías públicas e centros socioculturais na provincia


23 xuño 2018
Xunta de Gobierno da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou tres novas achegas para os concellos de Crecente, O Rosal e Vilaboa, dentro da Liña 1 do Plan Concellos 2018 . Estes investimentos supoñen un total de 472.955,44 euros.

Así, a institución provincial destina ao Concello de Crecente unha achega de 151.520,42 euros para financiar a mellora e acondicionamento de vías municipais do concello. Con esta achega, Crecente xa ten recibido 305.637,55 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 79,22 % do plan.

Pola súa banda, o Concello do Rosal recibe por parte da Deputación 160.984,26 euros para a mellora e reparación do auditorio municipal. A institución provincial xa destinou ao Rosal 352.229,73 euros do Plan Concellos 2018, o que supón o 62,38 %.

E xa por último, o Goberno de Carmela Silva destina ao Concello de Vilaboa un total de 160.450,76 euros para a rede municipal de distribución de Auga potable 1.ª fase. Este concello xa ten recibido 353.542,21 euros do Plan Concellos, un 69,91 % do plan provincial.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 euros do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.