Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba máis de 70.000 euros do Plan Concellos 2018 para Soutomaior

Con esta nova achega da Deputación, o concello poderá realizar o proxecto de remodelación do campo de fútbol municipal de Arcade


15 abril 2018
plan concellos 2018

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a primeira achega da liña 1 do Plan Concellos 2018 para Soutomaior. Máis polo miúdo, e tal e como informou Carmela Silva, "Soutomaior recibirá 70.419,68 euros para acometer o proxecto de remodelación do campo de fútbol municipal de Arcade."

Este investimento súmase aos 119.496,99 euros que ten recibido ao abeiro da liña 3 de Emprego para contratar a 18 persoas traballadoras. Polo tanto, Soutomaior xa ten recibido 189.916,67 euros dos 928.649,09 euros que ten a súa disposición ao abeiro do Plan Concellos 2018, un 74,16 % máis que en 2017.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.


Novas relacionadas