Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba dúas novas achegas por valor de máis de 250.000 euros para o Concello de Cerdedo-Cotobade

Con esta financiación do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra costeará a mellora dunha pista polideportiva e a mellora da comunicación entre dúas parroquias


07 xullo 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas novas achegas para o Concello de Cerdedo-Cotobade, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 252.797,05 euros.

Máis polo miúdo, a institución provincial destinará 101.027,97 euros para financiar a mellora da pista polideportiva de Cerdedo e 151.769,08 euros para a mellora das comunicacións na parroquia de Tenorio e Ensanche Camiño Vilanova. Con estas achegas, Cerdedo-Cotobade xa ten recibido 541.523,5 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 43,52 % do plan provincial.

Neste senso, co Plan Concellos 2018, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello un total de 1.244.234,93 euros o que supón un 73,92 % máis que o ano pasado.

Este ano a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.