Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba dúas novas achegas por máis de 20.000 euros para o Concello de Cuntis

O investimento destinaranse á reparación dos camiños rurais do Caeiro-Arcos, de Trasponte-Cuntis e da N-640 a Vilabar de Abaixo


24 setembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, mediante resolucións presidenciais, dúas novas axudas ao Concello de Cuntis por un valor total de 22.994,04 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 11.497,91 euros irán destinados á reparación do camiño rural que vai desde a N-640 a Vilabar de Abaixo. Outros 11.496,13 investiranse na mellora de outras dúas pistas: O Caeiro-Arcos e Trasponte-Cuntis.

Ademais desta cantidade, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 265.935,73 euros na liña 1 destinados a actuacións de eficiencia enerxética, do acondicionamento da cuberta do pavillón municipal, da mellora do saneamento en Ducio e Portela e do cambio de cuberta nun edificio municipal, entre outras. Tamén, 46.016,45 euros na liña 2 para actividades de promoción turística, festivas e deportivas. Outros 122.623,27 euros para a financiación da contratación de traballadoras e traballadores, dentro da liña 3 de emprego.

A Deputación pon este ano a disposición de Cuntis, ao abeiro do Plan Concellos, case un millón de euros, 929.208,67, un 73,7 % máis que no ano 2017.