Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba catro novas achegas por máis de 120.000 € para o concello da Lama

A Deputación de Pontevedra xa entregou 276.513,19 euros ao municipio pontevedrés no marco do Plan Concellos 2018


13 agosto 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar, mediante resolucións provinciais, catro novas axudas ao concello da Lama por un valor total de 124.766,55 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 32.088,49 euros irán destinados á humanización do entorno no lugar de Rozadas; 28.035,75 euros para un depósito de auga de uso doméstico no Pelete; 20.498,86 euros para a creación dun parque infantil universal e para a mellora de acceso á alameda do concello; e 44.143,45 euros para a renovación do pavimento en camiños en Barcia do Seixo, Covelo e o ensanche do camiño en Verducido.

Ademais desta cantidade, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio pontevedrés. En concreto, 159.073,63 euros na liña 1 nos que se inclúen as achegas recentemente aprobadas e a creación dun muro de contención e ensanche no camiño de Sucastro. Ademais, 45.245,76 euros para financiar actividades culturais e festexos. Tamén, outros 72.193,8 euros para a contratación de traballadoras e traballadores, dentro da liña 3.

Ata este momento, a Deputación xa entregou 276.513,19 euros dos 814.328,9 euros totais que están destinados ao concello da Lama no Plan Concellos 2018.