Noticias

O Goberno de Carmela Silva achega o 100 % do Plan Concellos ao Rosal, máis de medio millón de euros

A Deputación aproba o último investimento do plan a través do cal O Rosal equipará a rede informática do concello a fin de mellorar a seguridade


30 outubro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra aprobou por Resolución presidencial a última achega ao Concello do Rosal, no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 6.695,73 euros para equipar a rede informática do local do concello co fin de mellorar a súa seguridade.

Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara ao Rosal outros 343.330,39 euros na liña 1 para equipar o auditorio municipal, o taller de carpintaría e a recollida selectiva de lixo, así como para a mellora da estrada de Couselo e a urbanización da estrada da Devesa, para o tratamento de augas no depósito de Martín, para a adquisición dun vehículo para o servizo de vías e obras, dunha máquina fregadora para o Pavillón Municipal, dunha máquina de detección de fugas na rede de abastecemento e equipamentos deportivos e tamén para renovar o equipamento de megafonía do Pavillón Municipal e comprar tres terreos para a creación e mellora dos servizos municipais. Á marxe da liña 1, outros 83.453,3 euros en liña 2 para distintos gastos correntes e actividades como a Feira do Viño, a Festa do Cabaqueiro, a mostra da camelia ou a festa popular do Pilar. Finalmente outros 122.875,92 euros en liña 3 para a contratación de 14 persoas nos distintos servizos municipais desta vila.

Coa suma desta nova achega, O Rosal xa recibiu da Deputación de Pontevedra o 100 % do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, de 556.355,34 euros, cifra que é un 8,16 % superior a do 2016.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

25 xuñ 2016, infraestructuras, infraestruturas, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, o rosal, plan