Noticias

O deputado Carlos Font informa dunha nova achega do Plan Concellos de máis de 40.000 euros para o Concello da Lama

O investimento provincial destinarase á rehabilitación dunha pista deportiva en Verducido


20 setembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado provincial responsable de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación, mediante Resolución provincial, dunha nova axuda ao Concello da Lama por un valor de 42.134,58 euros para levar a cabo a rehabilitación dunha pista multideporte en Verducido. O investimento faise ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos da Deputación.

Ademais desta cantidade, o Goberno de Carmela Silva ao través do Plan, xa destinou anteriormente varias axudas para o municipio pontevedrés. En concreto, 199.073,63 euros na liña 1 nos que se inclúen as achegas recentemente aprobadas, a creación dun muro de contención e ensanche no camiño de Sucastro, a humanización do entorno no lugar de Rozadas, o depósito de auga de uso doméstico no Pelete, para a creación dun parque infantil universal e para a mellora de acceso á alameda do concello e para a renovación do pavimento en camiños en Barcia do Seixo, Covelo e o ensanche do camiño en Verducido. Ademais, 45.245,76 euros para financiar actividades culturais e festexos. Tamén, outros 72.193,8 euros para financiar a contratación de 13 traballadoras e traballadores, dentro da liña 3 de Emprego.

A Deputación pon este ano a disposición da Lama, co Plan Concellos un total de 814.328,9 euros, un 73,38 % máis que o ano pasado.