Noticias

O deputado Carlos Font confirma que o Goberno provincial aprobará este venres unha nova achega de máis de 60.000 euros do Plan Concellos para Tui

Este novo investimento estará destinado a financiar obras de saneamento e a mellora de camiños e infraestruturas no municipio do Baixo Miño


23 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento dunha nova obra no concello de Tui. A actuación ten un importe total de 61.980,01 euros e forma parte dos fondos da liña 1 do Plan Concellos.

Máis polo miúdo, o Goberno provincial achegará estes máis de 60.000 euros para que o concello de Tui poida construír unha nave industrial na que crearase un garaxe de camións de recollida de lixo do termo municipal da vila. Dito garaxe estará situado na zona industrial de Albelos.

Este ano 2018, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Tui 1.769.637,16 euros, o que supón un 76,35 % máis que no exercicio anterior.