Noticias

O catedrático de historia da arte Antón Castro inicia este martes un ciclo de conferencias na Escola de Cantería de Pontevedra

As conferencias analizarán a situación da escultura e da talla directa a nivel internacional, español e galego


30 may 2016

O catedrático de Historia da Arte Antón Castro inicia este martes 1 de xuño o seu ciclo de conferencias na Escola de Cantería de Pontevedra, entidade dependente da Deputación provincial. A primeira das tres conferencias que forman parte deste ciclo comezará ás 18:30 horas na propia Escola.

Esta primeira conferencia ten por obxecto "A escultura e os seus modelos lingüísticos no circuíto internacional. Da escultura á non escultura", "Os nomes imprescindibles" e "O pasado e o presente da talla directa", unha disciplina que atangue directamente á Escola de Cantería pontevedresa. Nesta quenda, ademais, resaltarase a Illa das Esculturas da capital provincial como un modelo a seguir.

O resto de conferencias, que terán lugar nos vindeiros martes deste mes e co mesmo horario, abordarán a situación da escultura e da talla directa nos eidos español e galego, respectivamente, salientando nesta última ocasión a tradición escultórica elaborada con pedra. Esta actividade complementarase con diversas visitas aos obradoiros de varios escultores de renome como son Francisco Leiro, Manolo Paz e Francisco Pazos.