Noticias

Nigrán recibe preto de 40.000 euros ao abeiro do Plan Concellos 2017

Cunha achega próxima aos 850.000 €, a institución provincial xa leva entregado o 87,5 % do importe total que recibe Nigrán dentro do Plan Concellos


23 outubro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega para o concello de Nigrán ao abeiro do Plan Concellos 2017. Deste xeito, Nigrán recibe unha cantidade de 38.478,45 € para facer as obras pertinentes de conexión á rede de abastecemento en San Roque.

A institución provincial xa destinara ao concello de Nigrán 515.809,53 € en liña 1 para a adquisición dunha parcela para a construción dun almacén municipal, acondicionar as instalacións eléctricas, subministrar a estrutura de aceiro inoxidable da pista multideportiva da Ramallosa, adquirir o subministro de luminarias para o paseo marítimo de Panxón, mellorar as instalacións na rúa Mariñeiro e acondicionar as instalacións eléctricas. Ademais, outros 76.100 € en liña 2 para o financiamento de distintas actividades como unha milla solidaria, unha exposición, a festa de San Fiz, ciclos como Nigrán Area ou Nigrán Jazz, un programa municipal de canguros, o Entroido, unha travesía a nado, o Ano Carlos Casares e probas deportivas. Finalmente, na liña 4 de emprego, outros 218.252,28 € foron para a creación de 27 empregos nos diversos servizos municipais do concello.

Coa suma destas novas achegas, a porcentaxe de adxudicación do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra en Nigrán está na actualidade no 87,5 %, ao ter recibido o 96,5 % do total do investimento. Isto supón que a vila xa dispón de 848.640,26 € dun total de preto de 970.000 €.