Noticias

Nigrán completa o 100% de execución do Plan Concellos 2016 cun investimento de 160.000 para pavimentación de viais

A Xunta de Goberno deulle o visto bo á última contía, enmarcada na liña 1 de investimentos


24 jul 2016

A Deputación de Pontevedra, na Xunta de Goberno, vén de aprobar unha achega económica de 159.794,32 € para o concello de Nigrán, que se destinará para a pavimentación de varios viais municipais. Trátase dunha axuda enmarcada na liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2016, que o ente provincial desenvolve ao longo deste ano.

Con esta contía, a Deputación completa o 100% de execución do Plan Concellos 2016. Esta achega vén sumarse a outras xa aprobadas ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos, con investimentos, entre outras actuacións, para creación e acondicionamento de espazos públicos e parques biosaudables, melloras de parques infantís, actuacións de saneamento e pavimentacións. Dentro da liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- a Deputación  destinou este ano a Nigrán un total de 35.062,08 €, así como outros 213.215,31 € na liña 4 para a contratación de 29  traballadores e traballadoras municipais.