Noticias

A Deputación de Pontevedra aproba un investimento de 250.000 euros para a mellora e seguridade da rede viaria do concello de Silleda

A achega corresponde á liña 1 de investimentos do Plan Concellos e cubre o total do orzamento das actuacións


01 agosto 2020

Varias vías municipais de Silleda serán melloradas coa financiación da Deputación de Pontevedra mediante unha achega de 250.000 euros que vén de aprobar a Xunta de Goberno que preside Carmela Silva. Con esta axuda, que forma parte da liña 1 de investimentos do Plan Concellos e que cubre o total do orzamento das actuacións, o concello do Deza procederá a reparar o deterioro e mellorar a situación do firme nos lugares municipais do Marco, Maril, Cimadevila, Ribeirao, Vilaverde-Medelo e A Moa así coma no entorno urbano de Silleda .

En concreto, as vías sobre as que se efectuarán os traballo sitúanse dentro da trama rural e da rede viaria do termo municipal de Silleda. As actuacións se van realizar co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e manter as condicións óptimas de comodidade e seguridade para os seus usuarios. Do mesmo xeito, as obras teñen como finalidade alongar a propia vida útil das vías a través de actuacións de conservación e mantemento.