Noticias

Máis dunha vintena de persoas participan nas novas actividades formativas de Depoemprega


29 feb 2016

A Deputación impulsa no mes de marzo dúas novas actividades de formación no marco do programa Depoemprega, dirixido a mellorar a inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Trátase dun curso de Excel avanzado e dun taller presencial sobre manipulación de alimentos, dos que se beneficiarán máis dunha vintena de persoas.

O curso de Excel avanzado desenvolverase entre o 29 de febreiro e o 31 de marzo na modalidade de teleformación, coa participación de nove persoas. O curso de manipulación e hixiene alimentaria e control de alérxenos terá lugar os días 1 e 2 de marzo nas instalacións do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra, coa asistencia de 15 persoas.

O programa Depoemprega está dirixido a persoas desempregadas dos concellos de Tui, Ponteareas, Cangas, Bueu, Vilagarcía de Arousa, A Estrada e O Grove que cumpren algún dos seguintes requisitos: ter algunha discapacidade, ser menor de 30 anos e contar cunha baixa cualificación, ser perceptora de prestacións, recibir algún subsidio por desemprego ou renda activa de inserción, ser beneficiaria do programa de recualificación profesional, ou ben ser muller ou persoa desempregada de longa duración.