Noticias

Máis de 400 persoas maiores participarán a próxima semana no programa "Depo termal 2017"

Un total de 422 persoas maiores de 35 concellos desfrutarán do programa da Deputación que ata decembro beneficiará a máis de 4000 veciñas e veciños da provincia


25 novembro 2017
Depotermal

A partir deste domingo 26 de novembro, e ata o vindeiro venres, 422 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán gozar do programa da Deputación de Pontevedra "Depo termal 2017". Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario. Ademais, "Depo termal" pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

"Depo termal" tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.

En canto a modalidade con pernoita, a partir deste domingo 19 de novembro, 318 persoas da provincia maiores de 50 anos chegarán ao Hotel Carlos I de Silgar, Hotel Gran Talaso de Sanxenxo, ao Hotel Louxo, ao Hotel Talaso Atántico de Oia, e ao Balneario de Cuntis para gozar de modalidade con pernoita. Máis polo miúdo, 94 persoas acudirán ao Hotel Carlos I de Silgar procedentes dos concellos de Vigo (56), Pontevedra (11), Crecente (8), O Rosal (6), Nigrán (5), Valga (2), Cangas (2), Ponteareas (2) e Vilagarcía de Arousa (2).

Pola súa banda, 50 persoas chegarán este domingo ao Hotel Talaso Atlántico de Oia procedentes de Soutomaior (11), A Lama (9), Pontevedra (8), Vila de Cruces (5), Sanxenxo (3), Vigo (3), Meaño (2), Nigrán (2), Marín (2), Mos (2), Caldas de Reis (2) e Covelo (1).

Outras 52 persoas aloxaranse desde o domingo no Hotel Louxo da Toxa e chegarán desde Vigo (20), Crecente (12), Pontevedra (4), Ponteareas (3), Mondariz (2), Pontecesures (2), Redondela (2), Catoira (2), Cangas (2), Salceda de Caselas (1), Salvaterra de Miño(1) e A Cañiza (1). Ademais, tamén 46 persoas chegarán o vindeiro domingo ao Gran Hotel Talaso de Sanxenxo procedentes de Vigo (28), Baiona (7), Nigrán (2), Valga (2), Vila de Cruces (2), Pontevedra (2), Tui (1), O Grove (1) e Caldas de Reis(1) ,onde se aloxarán durante cinco noites.

Por último, 36 persoas gozarán do Hotel Balneario de Cuntis, a onde chegarán desde Pontevedra (11), Vigo (11), Bueu (4), Marín (3), Nigrán (2), Salvaterra de Miño(2), Barro (1), Ribadumia (1) e A Estrada (1).

Pola banda da modalidade diúrna, 144 persoas acudirán diariamente durante cinco días consecutivos, de luns a venres, a centros termais da provincia. Máis polo miúdo, 29 persoas procedentes de Pontevedra (11), Redondela (12) e Vigo (6) chegarán o luns ao Talaso Atlántico de Oia. En canto ao Balneario de Cuntis acudirán 80 persoas dos concellos de Soutomaior (19), Moraña (18), Vilanova de Arousa (18), Vilagarcía de Arousa (9), Catoira (8), Redondela (7) e Marín (1). Para rematar, ao Balneario de Mondariz acudirán 35 persoas procedentes de Baiona (15), O Porriño (15) e Mos (5). 

Durante este mes, e no que queda de ano, 4.000 maiores de 48 concellos da provincia están a gozar do programa "Depo termal" a través das modalidade diúrna e da modalidade con pernoita. Ao igual que na pasada edición ofértanse prazas gratuítas para persoas en situación ou risco de exclusión social e sen recursos económicos.