Noticias

A Deputación de Pontevedra e Concello de Catoira asinan o préstamo da Caixa de Anticipos


16 out 2015
La Diputación de Pontevedra y el Ayuntamiento de Catoira firman el préstamo de la Caja de Anticipos
La Diputación de Pontevedra y el Ayuntamiento de Catoira firman el préstamo de la Caja de Anticipos

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Catoira, Alberto García, firmaron hoxe, no Pazo provincial, o préstamo de 155.663 euros con cargo á Caixa de Anticipos da institución provincial, reintegrables no período de 1 ano, que o municipio destinará a financiar unha operación de tesourería.

O acto da firma tivo lugar dous días despois da visita oficial que Carmela Silva realizou ao Concello de Catoira, a primeira dun presidente da Deputación de Pontevedra en 36 anos.