Noticias

Gondomar acada o 100% do Plan Concellos ao sumar 110.000 € para a realización de tres proxectos

Unha vez completado o seu grao de execución dentro do Plan Concellos 2016, a vila recibe un investimento de 875.932,28 €


05 out 2016

Gondomar súmase á lista de concellos aos que a Deputación de Pontevedra xa entregou todo o presupostado dentro do Plan Concellos 2016. Faino despois de que a institución provincial aprobase tres novos proxectos, a través de sendas resolucións presidenciais, que entre os tres suman unha achega de 110.724,16 €. Por unha banda, as pavimentacións de dous camiños públicos situados na parroquia de Vincios: o de Hervillás (34.673,52 €) e o de Rocha (ao que se lle dedican 22.757,41 €). E, ademais, as obras de conservación e mantemento da urbanización e axardinamento da contorna do pavillón municipal, un investimento que recibe unha achega de 53.293,23 €.

Estas cantidades súmase ás xa aprobadas polo Plan Concellos en Gondomar con anterioridade, é dicir, 518.629,37 euros en liña 1 para a realización de obras de conservación e mantemento do material de cubrición do polideportivo municipal, para melloras en pavimentación, drenaxe e seguridade viaria do camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza e con destino á urbanización do espazo exterior do edificio administrativo do CDL, a realización de obras de instalacións complementarias, o acondicionamento do parque da Coelleira e o axardinamento de tres rotondas da vila. Despois, 25.310,38 € na liña 2 para sufragar gastos correntes, 28.971,46 € na liña 3 para o CMUS elemental da vila, a aula de teatro Pritis Guomins, a celebración da IV Carreira a prol da Corresponsabilidade, as actividades "Gondoverán" e "Cinema da Rúa" e a realización de cursos e actividades destinadas a persoas maiores de 55 anos e, por último, 196.974,58 € destinados á contratación de 19 traballadoras e traballadores, isto último na liña 4 que o programa dedica ao emprego.

Unha vez acadado o 100% do presupostado ao abeiro do Plan Concellos 2016, o investimento na vila de Gondomar por parte da institución provincial dentro deste proxecto se sitúa 875.932,28 €.